Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
 Diseño de rutas
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Tódolos venres estreamos contido.

Nº 5

29-11-2019


A nosa quinta ocasión de sorprendervos!

Como estaba prometido estreamos a ficha do Corzo, un dos animais máis fermosos dos nosos bosques e montes.
Acompañámola duns vídeos onde se ve moi ben este "rei do bosque" coa súa "coroa".


As novas fichas de FLORA céntranse na Herba do ferro e na Orella de gato, unhas plantas moi comúns e sinxelas de identificar.

Na FAUNA desta semana ademais do Corzo, falamos sobre o Escaravello do nariz sanguento un insecto moi peculiar dentro dos coleópteros.

Traemos novas fichas de FUNGOS, a Andoa de pé vermello e o Falso coprino cabeludo especies moi comúns e comestibles, se seguimos certas recomendacións.

E nesta ocasión empezamos coas ROCHAS metamórficas, entre elas: a Cuarcita e a Pizarra, as máis comúns no noso territorio. 

No apartado de LUGARES, a Illa do Santo do Mar ou de San Clemente ocupará a nosa atención nesta nova entrega, e tamén a Freixa de As Leiras, espacio moi fermoso e case descoñecido, con moito valor natural.

E con relación ás RUTAS temos unha gran novidade. A partir de agora tódolos nosos roteiros poderán ser incluídos en calquera web da mesma maneira que se fai con vídeos de Youtube, podcast ... Dunha maneira sinxela, premendo o botón "Incluír nunha web" que aparece en tódalas nosas rutas, calquera poderá usalas con toda a súa información complementaria na súa web. Este apartado de inclusión irémolo incorporando no resto de seccións de Son da Vella.

 


Esta páxina realizouse co propósito de achegar o coñecemento do medio no que habitamos a tódalas persoas da maneira máis sinxela.


E non vos perdades o número 6
Unha paraxe natural dunha gran beleza e con moitas lendas asociadas.
Será a principal novidade dos moitos artigos que estrearemos a semana que vén.

Recorda, todo isto será posible contigo.
Queres contidos de calidade, un catálogo completo en galego, rigoroso e moderno? Pois se podes, axuda.
Así que fai clic na imaxe e colabora :)

Ademais, poderás coñecer as nosas estreas antes que a ninguén, participar en novidosos roteiros e moitas cousas máis.


 

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Barbas de Raposo


Fotos destacadas
Amarelle



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
¿Que pranta é indespensable na Festa de Folión de fachos?

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)

    O EQUIPO DE SON DA VELLA