Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tódolos venres estreamos contido.
Esta semana desvelamos a localización prometida da cova granítica Pena do Cabalo. Trátase dun lugar espectacular de Vilanova (Cotobade - Cerdedo). Non deixedes de visitala.
Incorporamos novas entradas no catálogo de FLORA onde o castiro e a malva silvestre son os protagonistas.
Estreamos novas fichas de FAUNA onde incorporamos a araña lobo radiada e o xabarín. Este último cun vídeo de visión nocturna que fará as delicias dos amantes dos animais.
Nos FUNGOS poñemos o obxectivo na amanita da morte un cogomelo velenoso e con perigos de confusión que ocasiona mortes tódolos outonos. E pola contra analizamos o matacandil unha delicatessen moi común e saborosa.
E non esquecemos as ROCHAS onde esta semana afondamos nos granitos e os minerais que o forman e incorporamos dous minerais do grupo dos feldespatos (ortoclasa e anortita) e unha rocha granítica como é o granito gráfico.
Tamén estreamos a ficha do Miradoiro de Monteporreiro, un lugar clásico da zona á marxe do río Lérez.
E por último a Ruta do Monte Seixo: lugar coñecido da provincia de Pontevedra cheo de lendas e historias. Nesta ruta incorporamos partes dun documental moi recomendable sobre as lendas e tradicións do lugar.
Esta páxina realizouse co propósito de achegar o coñecemento do medio no que habitamos a tódalas persoas da maneira máis sinxela.
Flor: Verde
Tipo: Árbores
Flor: Rosa
Tipo: Planta
Cores: Marron, gris, negro.
Tipo: Mamíferos
Cores: Marrón, negro.
Tipo: Arácnidos
Sombreiro: Branco, verde, amarelo.
Tipo: Láminas
Sombreiro: Branco.
Tipo: Láminas
Cores: Marron, negro.
Orixe: Intrusivo
Cores: Branco, gris, rosa o inco...
Fórmula: CaAl2Si2O8
Cores: Incoloro, branco, verde, ...
Fórmula: KAISi3O8
O próximo venres, máis novidades, novas fichas e moitas fotos. Pero tamén haberá outra sorpresa:
Atopamos este grande mesado no bordo do Lérez.
Terá uns 8 m2 de superficie e debaixo un oco de 30 cm de alto pero tan profundo como a pedra.
Cantas cousas ignoradas na nosa terra!
Seguiremos publicando máis artigos, estrearemos seccións, manteremos as investigacións sobre os elementos catalogados e moitas sorpresas, informacións e novidades co seguinte número o vindeiro venres.
Recorda, todo isto non será posible sen ti. Queres contidos de calidade, un catálogo completo en galego, rigoroso e moderno? Pois se podes, axuda.
Así que fai clic na imaxe e colabora :)
Ademais, poderás coñecer as nosas estreas antes que ninguén, participar en novidosos roteiros e moitas cousas máis.