Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tódolos venres estreamos contido.
Comezamos co Complexo de Coto Carballo, un conxunto de rochas moi singulares no Monte Castelo onde se pode observar unha cova con evidente manipulación e uso humano.
Tamén incorporamos a Ruta polas marismas da Xunqueira de Alba, unha paraxe natural a carón da cidade de Pontevedra de obrigada visita para calquera amante da natureza.
Outro LUGAR destacado desta semana é a Ermida de San Cibrán de Tomeza, no concello de Pontevedra.
Na FLORA deste número estreamos a Mimosa, outra especie invasora que pon en risco a flora local, e a Ouca, unha planta acuática común nas charcas e lagoas.
E as aves van chegando e nós ímolas amosando. Nesta ocasión serán o Pardal común, se cadra o paxaro máis coñecido, e o Bilurico bailón, un habitual das marismas e xunqueiras.
Nos FUNGOS centrarémonos en dous parasitos. O Poliporo versicolor e o Poliporo aplanado, ambos de moi variados aspectos.
E por último, nas ROCHAS traemos a Wolframita, un mineral moi usado na industria, e o Gabro, un tipo de rocha moi común e fácil de identificar.
Esta páxina realizouse co propósito de achegar o coñecemento do medio no que habitamos a tódalas persoas da maneira máis sinxela.
Sombreiro: Laranxa
Tipo: Outros
Flor: Amarela
Tipo: Árbores
Flor: Branca e amarela
Tipo: Planta
Cores: Marrón, branco, gris.
Tipo: Aves
Cores: Marrón, gris, negro, vermello.
Tipo: Aves
Sombreiro: Marrón, laranxa, verde.....
Tipo: Outros
Sombreiro: Marrón, laranxa, negro.
Tipo: Outros
Cores: Gris, branco, negro.
Orixe: Intrusivo
Cores: Negro, pardo vermello.
Fórmula: (Fe Mn)WO4