Pegmatita
GRUPO:
Igneas
Tipo:
Plutónicas
CORES:
Marrón, rosa, gris, negro, branco.
MINERAIS PRINCIPAIS:
Cuarzo, feldespato(Sobre todo ortoclasa e microclina) e mica(biotita e moscovita)
GRUPO:
Igneas
ORIXE:
Intrusivo
XACEMENTO:
Plutón, dique, filón capa
CLASIFICACIÓN:
Ácida
CRISTAIS:
Euhedral
COR:
Claro
DESCRICIÓN:
Rocha ígnea de orixe intrusivo de cor clara, grans moi grosos e composta por feldespatos (ortoclasa e microclina principalmente), cuarzo e micas (moscovita e biotita).
Este tipo de rocha permite observar perfectamete os minerais que a compoñen xa que estes aparecen en grandes cristais.
FORMACIÓN:
Fórmase cando o magma está a cristalizar e a parte fluída e residual se enriquece en compostos ou elementos volátiles, máis lixeiros, como auga, boro, flúor, cloro ou fósforo.
Dáse nos bordes dos filóns graníticos cun enfriamento lento, o que propicia a formación de grandes cristais e a pouca homoxenización da rocha.
VARIEDADES:
Podemos encontrar multitude de pegmatitas con distintos minerais asociados.
USOS HABITUAIS:
As pegmatitas poden conter minerais pouco frecuentes e incluso pedras preciosas e xemas, por exemplo augamariña, topacio, apatito, fluorita. Polo que son apreciadas na industria da xoiería.
Tamén se atopa moitas veces estaño e tungteno mezclado na rocha.
USOS TRADICIONAIS:
Para obter os minerais que a compoñen cando os cristais son moi grandes.
DISTRIBUCIÓN:
En toda a área granítica de Galiza é moi común encontrar estas rochas, dende soltas a formando parte de rochas graníticas máis homoxéneas.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS: