Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Provincia: Pontevedra
Concello: Cerdedo-Cotobade
Parroquia: Tenorio
HÁBITATS EXISTENTES:
Montes
ELEMENTOS IMPORTANTES:
Cova Cazoletas
RUTAS ACONSELLADAS:
Ruta do cruceiro das Chans á Pena do CabaloINDICACIÓNS IMPORTANTES:
A zona ten difícil acceso pero se seguimos os camiños da zona (ver no mapa de camiños) pódese acceder cerca facilmente. Despois, depende da vexetación do lugar (toxos) se nos permite o paso facilmente.
Trátase dunha cova granítica. A súa fachada oeste ten unha cara debuxada, onde se aproveitou a forma da rochas con poucos toques a man (a boca e o casco).
Ó interior da cova accédese por unha rampla que nos leva a un habitáculo de 10 metros cadrados. Alí o granito presenta fonduras no teito de formas moi particulares (degradación natural). Desde a cova temos un acceso exterior a unha pequena terraza que cae nun precipicio de máis de 5 metros de altura.
No exterior vemos uns chanzos "arranxados pola man" que nos permiten acceder á parte máis alta enriba da cova onde unhas cazoletas que parecen retocadas nos confirman que o sitio é único e moi interesante.
Recomendamos a visita ó lugar, nunha zona de lendas e tradicións onde observamos aínda certos cultos activos.
Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.