DESCRICIÓN:
Trátase dunha pequena illa moi preto da costa. O seu acceso pódese facer a pé desde a praia (Praia do Santo e da Coviña) aproveitando a marea baixa.
A súa costa conta cunha praia, pequenos acantilados e moreas de formacións rochosas. No centro ten unha capela en ruínas (San Clemente do Mar). A vexetación é natural, agás uns piñeiros que probablemente foron plantados xuntos hai máis de 30 anos.
Durante moitos anos celebrouse neste lugar a Romaría en honor a San Clemente, que se facía na praia da costa.
OUTROS DETALLES:
O trovador galego Nuno Treez deixounos esta cantiga de amigo relacionada coa Illa do Santo.
[...]
San Clemenço do Mar,
se mi d'el non vingar,
non dormirei,
San Clemenço señor.
Se vingada fôr,
non dormirei.
Se mi d'el non vingar,
do fals' e desleal,
non dormirei.
Se vingada non fôr
do fals'e traedor
non dormirei.
[...]