Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Cova de Calvelo

Provincia: Pontevedra

Concello: Cerdedo-Cotobade
Parroquia: Tenorio


Lugar: Calvelo


HÁBITATS EXISTENTES:

Montes Acuático doce


ELEMENTOS IMPORTANTES:

Cova



INDICACIÓNS IMPORTANTES:

Está a poucos metros da praia fluvial de Calvelo, en dirección á ponte colgante (río abaixo e un pouco monte arriba con respeto á praia).
É mellor acceder desde o camiño de arriba.

Dirixirme aquí

DESCRICIÓN DO LUGAR:

Trátase dunha cova granítica con amplo espazo no interior. O teito presenta uns ocos moi chamativos (de orixe natural). A situación tan preto do río é xusto nunha zona moi peculiar: ó outro lado encóntrase unha gran rocha con moitas cazoletas (parecen naturais) con certas historias asociadas (no lado de Xeve). Pode tratarse dun simple abrigo de orixe natural ou formar parte dun conxunto máis amplo. 

Dende logo paga a pena a súa visita e non só pola propia cova senón tamén polo entorno no que se atopa. Moita xente acércase á praia fluvial de Calvelo e á ponte colgante sen saber a marabilla natural que hai a poucos metros, iso si, cun acceso algo difícil, quizais a causa do descoñecemento ou subestima do lugar.

OUTROS DETALLES:

Esta cova é coñecida por algunhas xentes xa que no seu interior atopamos botellas e bolsas diversas de plástico e cristal.

Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Ponte románica de Almofrei


Fotos destacadas
Amarelle



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
Descobre de que facían as bruxas a suas basoiras

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)