Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 Padriños
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Zarrota

Nome científico: Macrolepiota procera

Tipo: Laminas


FORMA DE VIDA: Saprofita

HÁBITATS:

Pastos


COR DO SOMBREIRO:Branca, marrón

COR DAS LÁMINAS:Blancas, coa idade cor crema

COR DO PÉ:branBranca, marrón

APARICIÓN DO COGOMELO:

XAN
FEB
MAR
ABR
MAI
XUÑ
XUL
AGO
SET
OUT
NOV
DEC

OUTROS NOMES: Pan de lobo, choupin

NOME ESPAÑOL: Parasol, Apagador

NOMES NOUTROS IDIOMAS: Euskera: Galanperna, Catalán:paloma, Frances: Lépiote élevée, Italiano: Bubbola maggiore, Alem:án Parasolpilz.


CLASIFICACIÓN:

Fungi - Basidiomycota - Agaricomycetes - Agaricales - Agaricaceae - Macrolepiota

FRECUENCIA: Moi común


COMESTIBLE: Bo comestible


TIPOS DE HÁBITAT:
En prados, nos claros dos bosques, entre fentos e xardíns
DESCRICIÓN:

Cogomelo moi común e fácil de atopar nos prados. Comeza o seu ciclo vital como unha bola pequena arrente do chan. A medida que madura aumenta a súa altura e tamaño e o sombreiro vólvese acampanado para rematar, na súa vellez practicamente plano.

Tanto o sombreiro como o pé están cubertos por unhas escamas peludas de cor marrón que se van separando co paso do tempo e poden desaparecer coa choiva. 

O seu sombreiro pode chegar ós 35 cm de diámetro e mantén durante toda a súa vida un mamelón central.

O pé está oco por dentro, o que se acentúa coa vellez, e está engrosado na base.

A carne do sombreiro é a aconsellada para o seu consumo, mentres que desaconsellamos o pé que é demasiado fibroso.

As láminas, anchas, comezan de cor branca e vólvense de cor crema coa madurez.

DETALLES IDENTIFICATIVOS:

De xove está cerrado pero acaba aberto como un paraugas.

DISTRIBUCIÓN:

Común en todo o territorio, sobre todo en zonas de pasto e gandería.

CONFUSIÓNS:

Evitar os exemplares pequenos xa que se poden confundir con lepiotas tóxicas e mortais.

Tamén evitar os exemplares con exceso de pelo, que poden ser outra clase de macrolepiotas con certa toxicidade. 

USOS:

É un cogomelo moi consumido en Galicia, sobre todo pola facilidade de identificación dos exemplares adultos.

DETALLES PARA O SEU CONSUMO:

Limpalo ben das escamas que a recobren.

REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA:
Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Ponte románica de Almofrei


Fotos destacadas
Araña vespa


Ruta máis valorada
Outeiro dos Mouros pola rega do Inferno

Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
¿Que pranta e indespensable na Festa de Folión de fachos?

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do rio Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)