Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Láminas
HÁBITATS:
Pastos
COR DO SOMBREIRO: Branco, marrón.
COR DAS LÁMINAS: Branco, coa idade cor crema.
COR DO PÉ: Branco, marrón.
APARICIÓN DO COGOMELO:
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Euskera: Galanperna, Catalán:paloma, Frances: Lépiote élevée, Italiano: Bubbola maggiore, Alem:án Parasolpilz.
Cogomelo moi común e fácil de atopar nos prados. Comeza o seu ciclo vital como unha bola pequena arrente do chan. A medida que madura aumenta a súa altura e tamaño, e o sombreiro vólvese acampanado para rematar, na súa vellez, practicamente plano.
Tanto o sombreiro como o pé están cubertos por unhas escamas peludas de cor marrón que se van separando co paso do tempo e poden desaparecer coa choiva.
O seu sombreiro pode chegar ós 35 cm de diámetro e mantén durante toda a súa vida un mamelón central.
O pé está oco por dentro, o que se acentúa coa vellez, e está engrosado na base.
A carne do sombreiro é a aconsellada para o seu consumo, mentres que desaconsellamos o pé que é demasiado fibroso.
As láminas, anchas, comezan de cor branca e vólvense de cor crema coa madurez.
FRECUENCIA: Moi común
COMESTIBLE: Bo comestible
Limpalo ben das escamas que o recobren.
En prados, nos claros dos bosques, entre fentos e xardíns.
De xove está cerrado pero acaba aberto como un paraugas.
Común en todo o territorio, sobre todo en zonas de pasto e gandería.
Evitar os exemplares pequenos xa que se poden confundir con lepiotas tóxicas e mortais.
Tamén evitar os exemplares con exceso de pelo, que poden ser outra clase de macrolepiotas con certa toxicidade.
É un cogomelo moi consumido en Galicia, sobre todo pola facilidade de identificación dos exemplares adultos.