Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Brincabois

Nome científico: Amanita muscaria

Tipo: Láminas


FORMA DE VIDA: Micorrizas

HÁBITATS:

Bosques


COR DO SOMBREIRO:: Vermello , branco.

COR DAS LÁMINAS: Branco.

COR DO PÉ: Branco.

APARICIÓN DO COGOMELO:

XAN
FEB
MAR
ABR
MAI
XUÑ
XUL
AGO
SET
OUT
NOV
DEC

OUTROS NOMES: Rebentabois, matamoscas

NOME ESPAÑOL: Matamoscas

NOMES NOUTROS IDIOMAS: Cat:Reig bord Eusk:Kuleto paltsu


CLASIFICACIÓN:

Fungi - Basidiomycota - Agaricomycetes - Agaricales - Amanitaceae - Amanita

FRECUENCIA: Moi común


COMESTIBLE: Enteóxeno


Eliminar as sustancias tóxicas, por exemplo cun bo secado. Deste xeito quedarían só os compoñentes alucinóxenos.


DESCRICIÓN:

Cogomelo con sombreiro de cor vermella cuberto de restos brancos de volva (a veces con tons amarelos). Esta volva cobre o cogomelo cando nace e desaparece a medida que vai madurando, o que lle dá aspecto de folerpas de neve sobre o sombreiro.

O sombreiro chega a acadar os 20 cm (de 8 a 18 habitualmente) de diámetro, de cor vermella ou alaranxada (máis laranxa cos efectos da chuvia) e ten un brillo intenso nun cogomelo en boas condicións.

As láminas brancas, libres están moi apretadas entre elas.

O pé tamén é branco, robusto e máis amplo na base pola volva concéntrica e escamada.

A súa carne é branca, non varía ó corte, o seu cheiro e sabor son suaves.

DETALLES IDENTIFICATIVOS:

A cor vermella do sombreiro cos restos brancos de volva.

VARIEDADES:

Ten moitas variabilidades, algunhas son:

Amanita muscaria Var. Formosa: Tonalidades no veo como no sombreiro de amarelo.

Amanita muscaria Var. Aureola: Sen restos da volva no sombreiro o cal é máis campanulado.

 

DISTRIBUCIÓN:

En todo o territorio de Galicia.

CONFUSIÓNS:

Pódese confundir coa Amanita Caesarea, sobre todo as formas con tonalidades amarelas e desprovistas de volva pola choiva.

USOS:

Pouco usada como psicotrópico na actualidade. O proceso de secado debe ser moi riguroso para eliminar os ácidos.

INTOXICACIÓN:

Contén muscarina, sustancia alucinóxena.
Contén ácido ibotónico, que provoca malestar gástrico e vómitos.

Este cogomelo provoca intoxicación atropinoide.
Síntomas:
- Preséntanse en cuestión de 10-20 minutos.
- Transtornos gástricos e nerviosos.
- Estado de embriaguez.

OUTROS DETALLES:

O nome Brincabois débese ós efectos producidos no gando, que no caso de comelo acaban cun estado de euforia.

O nome de Matamoscas (español) é porque as moscas ó comelo sofren unha intoxicación que as deixa nun estado adormecido como se estivesen mortas.

 

USOS TRADICIONAIS:

Presente en moitas culturas indoeuropeas relacionado con rituais e uso de alucinóxenos.

Deixábase nas habitacións para que as moscas quedaran durmidas ó comelos. Despois matábanse as moscas.

As cores vermellas e brancas están relacionados con moitas vestimentas tradicionais en moitas culturas. 

Era un fungo moi venerado por moitos pobos indoeuropeos, que lle atribuían propiedades máxicas, sobre todo relacionadas cos seus efectos psicotrópicos.

 

REFERENCIAS:
Guia micolóxica dos ecosistemas galegos.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA:
Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Praia fluvial Calvelo


Fotos destacadas
Cárabo violáceo



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
¿Que pranta é indespensable na Festa de Folión de fachos?

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)