Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Planta - Perenne
HÁBITATS:
Bosques Brañas Infértiles
COR DA FLOR: verde, branca verdosa, rosada
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
NÚMERO DE SÉPALOS: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Planta herbácea perenne de 10 a 40 cm de altura, cunha follas na base carnosas e con inflorescencias numerosas de cor verde, branco e rosado.
Moi parecido ó musgo, xa que medra en rochas, valados, paredes tanto de composicion ácida como básica.
Está presente en todo o territorio.
É coméstible e na cociña moderna podémolo encontrar acompañando ensaladas e outros platos.
Tradicionalmente sabíase que era comestible ainda que só se lle chuchaba o xugo por entretemento. Salvo isto, non encontramos ningunha referencia ó seu emprego na gastronomía tradicional.
Ten propiedades cicatrizantes.
En caso de emerxencia no monte, é unha boa planta, se non temos material médico a man, para cubir unha ferida. Para iso só temos que limpar a ferida con auga e aplicar un emplasto machacado e limpo de follas de couselo.