Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Folla perenne
HÁBITATS:
Pastos Infértiles Ornamental / produtiva
COR DA FLOR: vermello, rosa purpureo
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 5
MESES DE FLORACIÓN:
Esta especie procedente de xardiñería pode verse nalgúns puntos galegos, naturalizada nas beiras de casas ou camiños.
Nalgunhas guías botánicas ainda pode atoparse co anterior nome aceptado de Lychnis coronaria (L.) Desr.
Silene: o nome do xénero está certamente ligado á figura de Silenus (en grego Σειλην?ς, en latín S?l?nus), pai adoptivo e titor de Dionysus, representado sempre co ventre inchado, semellante aos cálices de numerosas especies, por exemplo Silene vulgaris ou Silene cónica. Aínda que tamén se evocou unha posible orixe (Teofrasto, vía Lobelius, e máis tarde Linneo) do grego σ?αλoν (saliva, moco, baba), en alusión á viscosidade de certas especies, ou de σ?αλος (gordo), que sería o mesmo que a primeira interpretación, é dicir, inflado, inchado.
Coronaria: do latino coróna: coroa, guirnalda: apta para compoñer guirlandas ou con órganos dispostos en coroa. En alusión os seus froitos.