Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Plantas - Anual
HÁBITATS:
Pastos Infértiles Ornamental / produtiva
COR DA FLOR: Amarelo, branco, rosa.
NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR: 4
NÚMERO DE SÉPALOS: 4
MESES DE FLORACIÓN:
Esta sería a subespecie raphanistrum, especie de rábano silvestre que non ten a raíz engrosada.
Pode verse en toda Galicia e medra como ruderal e arvense: en terreos abandonados, como herba non desexada nos cultivos, beiras de camiños, ...
Tamén pode atoparse a subespecie landra, que ten un porte máis vigoroso e a raíz engrosada e que pode diferenciarse ademais polos froitos. Estes son como unha especie de vaina chamada silicua, que ten varios segmentos ou número de sementes. Na subespecie raphanistrum ten ata 15, fronte a 1-5 da landra. Tamén son máis estreitos, 1'5-4 mm de ancho (raphanistrum) e 4-8 mm (landra).
Coma todas as especies crucíferas (Brassicaceae) ten 4 pétalos en cruz, normalmente son amarelos, aínda que poden tirar a branco ou a rosado.
Raphanus: do grego ῥάφᾰνος ráphanos (rábano picante, rabanete), de ῥα rha (contracción), de ῥίζα rhiza e de φαίνω phaíno (con raíces visibles).
Raphanistrum: despectivo do xénero Raphanus, por ser silvestre.