DESCRICIÓN:
Herba moi común en toda Galicia, en lugares con certa humidade edáfica (do chan). Ten as follas basais murchas na floración, a diferenza da Pulicaria odora, e as lígulas (o que semellan pétalos nas compostas) con diferenza moito máis longas que a Pulicaria vulgaris.
Pulicaria: de herba pulicaria (e esta de pulex pulga), unha herba citada por Serenus Sammonicus, autor do Liber Medicinalis en verso, presumiblemente porque se considera capaz de repeler as pulgas ou de gozar de propiedades medicinais contra as súas picaduras.
Dysenterica: epíteto latino que significa disentérica pola súas supostas propiedades mediciñais.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: