DESCRICIÓN:
Esta especie gabeadora procede de Sudamérica pode atoparse en toda Galiza, en xardíns ou naturalizada.
Mais común en zonas costeiras ainda que pode soportar as xeadas, por eso é unha especie utilizada en xardiñería en zonas mais frías do habitual neste xénero que abrangue mais de 300 especies de híbridos e cultivares con dferentes números de pétalos e cores.
Pode acadar ata 15-20m gabeando por outras árbores, muros...
As follas son palmadas, con 5 lóbulos, mais raro con 7, flores con 5 pétalos e 5 sépalos similares, superpostos e branquiños. Os frotos alaranxados miden 4-6cm e teñen numerosas sementes color carmín no interior; esta especie non ten moita polpa e un sabor insípido co cal non é apreciada polos seus froitos se non que se valora coma ornamental.
Passiflora : nome xenérico que adoptou Linneo en 1753 e que significa "flor da paixón" (do latín passio = "paixón" e flos = "flor"), foi dada polos misioneiros xesuítas en 1610, debido á semellanza dalgunhas partes de a planta con símbolos relixiosos da Paixón de Cristo , o látego co que foi azoutado = zarcillos, os tres cravos = estilos; estames e corola radial = coroa de espiñas.
Caerulea: cerúleo, da cor do ceo claro do día, do ceo de caélum: referido a cor das flores.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: