Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Abeleira

Nome científico: Corylus avellana

Tipo: Árbores Caduca


HÁBITATS:

Bosques Brañas


COR DA FLOR: Verde, vermella

NÚMERO DE PÉTALOS DA FLOR:Non apreciables

MESES DE FLORACIÓN:

XAN
FEB
MAR
ABR
MAI
XUÑ
XUL
AGO
SET
OUT
NOV
DEC

OUTROS NOMES: abraira, abeleiro, abelaneiro

NOME ESPAÑOL: Avellano

NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: Hazel, Portugués: Aveleira, Euskera: Urra, Astur: Ablanu, Catalán: Avellaner.


CLASIFICACIÓN:

Plantae - Magnoliophyta - Magnoliopsida - Fagales - Betulaceae - Corylus

DESCRICIÓN:

Árbore caducifolia que medra polo xeral recta dende a base e pode chegar ata os 8 metros de altura.

O tronco pode aparecer de forma individual ou agrupado en varias varas rectas moi características desta especie.

HÁBITAT:

Polo xeral, atópase en lugares de sombra e húmidos, como bordes de ríos e regatos, así como brañas e zonas con abundante auga.

Ocasionalmente tamén aparece en lugares soleados e pedregosos.

USOS ACTUAIS:

As sementes, as abelás, son moi consumidas na actualidade e é un froito seco usado habitualmente na repostería. 

Moi coñecido o seu uso en mezclas con chocolates e cremas de cacao.

As varas rectas desta árbore son apreciadas na cestería e tamén para facer toneis, pola sua facilidade para traballalas e pola súa resistencia.

Tamén se estrae da semente un aceite con uso alimentario, lubricante, perfumes, xabóns, ...

USOS TRADICIONAIS:

A semente é consumida dende a prehistoria polos seres humanos. 

A súa madeira foi usada desde sempre para vigas estreitas e resistentes.

Tamén na industria militar era un dos mangos preferidos para lanzas, machadas, alabardas.

Podemos encontrar referencias a esta madeira para a fabricación de bastóns, paos, mangos e moitas outras ferramentas.

REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA:
Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Barbas de Raposo


Fotos destacadas
Acediña articulada



Consellos para identificar

FLORA


FAUNA

FUNGOS

ROCHAS


Curiosidades
Descobre de que facían as bruxas a suas basoiras

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)