DESCRICIÓN:
A mimosa é unha árbore procedente de Australia, que se comporta coma especie invasora no noso territorio.
Pode chegar ós 12 metros de altura e ós 30 anos de idade.
DISTRIBUCIÓN:
Debido ó seu uso indiscriminado converteuse nun problema xeralizado en todo o territorio. Polo que a podemos atopar en calquera parte.
USOS ACTUAIS:
Polo seu sistema de raíces emprégase para estabilizar terreos.
Polas flores vistosas e numerosas, como ornamental en parques e xardíns.
Do seu tronco pódese obter goma natural, debido á súa alta concentración de taninos.
Emprégase na industría química para obter determinados productos.
USOS TRADICIONAIS:
A súa facilidade de propagación así coma o seu extenso sistema de raíces propiciaron a súa prantación para estabilizar terreos e marxes de ríos, e tamén para gañar terreo a marismas e xunqueiras. Isto propiciou que hoxe en día sexa unha das árbores máis invasoras da flora galega.
OUTROS DETALLES:
Esta especie foi incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras, regulado polo Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que queda prohibida en España, excepto Canarias e Baleares, a súa introducción no medio natural, posesión, transporte, tráfico e comercio.
REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA: