Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
  
 Acceder  -  Rexistrarse  
DESCRICIÓN:

Animal vertebrado, mamífero da familia dos cánidos, moi común en Galicia.

Peso: ata 14 kg.
Lonxitude cabeza-corpo: 45 - 90 cm.
Lonxitude rabo: 55 cm.
Altura ata a cruz dos ombros: 35-50 cm.
Promedio de vida: 2-5 anos.

A súa pelaxe é de cor parda, variable ó longo do ano, pero cunha franxa branca pola barriga e pola parte baixa da cabeza. Branca tamén é a punta do sea rabo, moi característico por levalo case sempre en alto. As puntas das orellas e a parte inferior das patas son de cor negra.

HÁBITAT:

Principalmente habita nos bosques e pastos, incluso preto dos asentamentos humanos. O seu territorio de alimentación é bastante amplo e pode chegar a máis de 40 hectáreas, ou incluso máis segundo a dispoñibilidade de alimento.

DISTRIBUCIÓN:

É un habitual en toda Galicia.

ALIMENTACIÓN:

O raposo é omnívoro, pódese alimentar de froita (silvestre ou de producción agrícola) ou de animais pequenos (ratas, serpes, lagartos) que caza con gran habilidade.

COSTUMES:

O raposo entra en actividade durante o solpor e pode variar os seus costumes se as horas de luz e o alimento son escasos. Normalmente é un animal solitario, inda que pode levar unha vida en parella ou en grupos dun macho con ata tres femias.

REPRODUCIÓN:

Durante a época de celo (a comezos do inverno) o macho vive en parella e posteriormente coopera coa femia na crianza dos cadelos.

RISCOS:

A caza indiscriminada que se fai nalgunhas batidas. Os atropelos nas estradas. O envenenamento ilegal intencionado. As trampas ilegais intencionadas.

ESTATUS:

Na maior parte de Galicia: Preocupación Menor. Nalgúns puntos escasea debido ós elementos de risco.

OUTROS DETALLES:

Segundo algunhas crenzas galegas, a súa presenza preto dunha casa ou na leira desta é un indicativo de que unha ánima familiar ou coñecida vén facer unha visita.

ENLACES:
Da Wikipedia

O raposo común (Vulpes vulpes), tamén coñecido simplemente como raposo, raposa ou golpe nalgunhas zonas ó norte de Galicia, é a meirande especie de raposo e un dos membros máis espallados no mundo da orde dos carnívoros, estando presente en todo o hemisferio norte dende o círculo polar ártico até o norte de África, América do Norte e Eurasia. Está clasificada como unha especie pouco preocupante pola IUCN. A súa área de distribución medrou paralelamente coa expansión humana, sendo introducido en Australia, onde é considerado prexudicial para os mamíferos nativos e as poboacións de aves. Por mor da súa presenza en Australia, está incluído na lista das 100 especies invasoras máis daniñas do mundo.

O raposo común provén de devanceiros máis pequenos de Eurasia durante o período Villafranchiense medio, e colonizou América do Norte pouco despois da glaciación de Wisconsin. Entre tódolos raposos, o raposo común representa a forma máis evolucionada en termos de alimentación carnívora. Ademais do seu tamaño maior, o raposo común diferénciase doutras especies de raposo pola súa grande habilidade de adaptarse a novos ambientes. Malia que tamén é coñecido como raposo vermello, a especie a miúdo produce individuos con outras cores, incluíndo exemplares con leucismo e melanismo. No presente están recoñecidas corenta e cinco subespecies, que están divididas en dúas categorías: os meirandes raposos do norte, e os máis cativos, os raposos basais de Asia e o norte de África.

Os raposos adoitan estar xuntos en parellas ou pequenos grupos formados por familias, como dous pais adultos e as súas crías, ou un macho con varias femias con relacións de parentesco. As crías permanecen a carón dos seus pais para axudarlles a coidar novas crías. Aliméntanse principalmente de pequenos roedores, malia que tamén poden cazar coellos, galináceas, réptiles, invertebrados e crías de ungulados. En ocasións tamén comen froitas e vexetais. Malia que o raposo común adoita matar depredadores máis pequenos ca el, como outras especies de raposos, é vulnerable ó ataque de depredadores meirandes, como lobos, coiotes, chacais dourados e félidos de tamaño medio e grande.

Texto extraído de «Raposo común», Wikipedia, a enciclopedia libre (artigo; consulta 2025-12-07). Licenza CC BY-SA 4.0.

REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
Ruta ó Carbadoiro pola Carboeira
Montes Acuático doce
Praza, Cazoletas, Rocha singular, Cruceiro, Canteira tradicional, Caras esculpidas na rocha, Miradoiro.
REFERENCIADA NAS SEGUINTES RUTAS:
Ruta á Cova dos Mouros polo Outeiro das Meigas
Montes
Ponte colgante, Ruínas de torre, Cazoletas, Cova, Miradoiro.
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA:
CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA