Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

«
  
 Acceder  -  Rexistrarse  
DESCRICIÓN:

Trátase dun carnívoro principalmente nocturno semellante a un gato no seu aspecto pero de costumes diferentes. A pelaxe é de cor gris con manchas negras cun longo e espeso rabo moi característico.
 

HÁBITAT:

Principalmente atópase nos bosques dos vales, mais a súa presenza é común preto dos asentamentos humanos.

ALIMENTACIÓN:

Inda que principalmente se trata dun depredador de roedores, coellos e pequenas aves, a xeneta tamén se alimenta de froitas.

COSTUMES:

Adoita percorrer unha gran área na procura de alimento polo que os seus percorridos, sobre todo nocturnos, acostuman achegala ós galiñeiros e cercados de animais domésticos.

USOS TRADICIONAIS:

Foi domesticada e usada como controlador de pragas, pero a súa función foi substituída polos gatos.
Tamén foron apreciadas pola súa pelaxe coa que se confeccionaban abrigos.

OUTROS DETALLES:

Non se trata dun animal autóctono, senon que probablemente se expandiu pola península Ibérica durante a Idade Antiga, se cadra por seren mascotas de romanos ou árabes e, nalgúns casos, se asilvestraron.

ENLACES:
Da Wikipedia

A xeneta, rabilongo, algaria, gato algario, gato de algalia ou rabisaco (Genetta genetta) é unha das dúas especies de vivérridos que se poden atopar actualmente en Europa xunto coa mangosta.

A xeneta está presente en España (incluídas as Illas Baleares), Portugal e Francia e semella estar en expansión cara ao norte e o leste do continente. Tamén se atopa en Oriente Medio e todo o continente africano, coa excepción das zonas desérticas. Crese que a súa presenza en Europa é recente e que foi introducida polo ser humano de xeito talvez involuntario, como mascota que se asilvestrou ou coma simple polisón nalgún dos barcos que sempre cruzaron o Estreito de Xibraltar. Algúns autores apuntaron a que a palabra xeneta podería proceder da palabra de orixe árabe (zenete), pois os musulmáns que guerreaban a cabalo durante a Reconquista adornaban a súa cadeira coas peles deste animal, e que por iso chegaría coa conquista árabe de España no século VIII. Con todo, esta teoría goza de pouco prestixio na actualidade e crese que a súa introdución sería máis temperá. Tense constancia de que os romanos tiñan xenetas como mascotas nas súas domus, antes de que os gatos domésticos fosen importados desde Exipto, e que en tempos de Augusto introduciuse nas Baleares un misterioso animal baixo o nome de ictis para que acabase coa praga de coellos cimarróns que entón infestaban as illas. Dado que o gato non era coñecido por este nome e nas Baleares non existen indicios do meloncillo ou outras mangostas, tal animal só puido ser a xeneta ou, algunha especie de marta.

Polo seu aspecto externo, a xeneta aseméllase a un gato alongado de pelo amarelado a agrisado salpicado de pintas negras no corpo e raias na cola, que ten o pelo máis longo. O corpo pode chegar aos 55-60 centímetros, lonxitude que iguala ou supera a cola. A altura na cruz é de 20 centímetros, e o peso oscila entre 1'2 e 2'5 quilos.

Texto extraído de «Xeneta», Wikipedia, a enciclopedia libre (artigo; consulta 2025-12-07). Licenza CC BY-SA 4.0.

CONTACTO:
Dispoñible por Whatsapp

Motivos do contacto:

Introduce o código de abaixo:


Captcha

Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
Necesitamos o teu email

VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

 

Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

Condicións de uso (Aviso Legal)

O EQUIPO DE SON DA VELLA