Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Nome científico: Coccinella septempunctata
Tipo: Insectos
HÁBITATS:
Pastos Infértiles
CORES: Vemello, negro, branco.
OUTROS NOMES: barrosiña, coccinela, maruxiña, papasol, papoia, reirrei, voaniña, voíña, xoana
NOME ESPAÑOL: Mariquita
CLASIFICACIÓN:
Animalia - - Insecta - - Coccinellidae - Coccinella
Insecto, coleóptero da familia dos coccinélidos cunha forma redonda e moi común nos nosos campos.
Ten a cabeza negra con manchas brancas e o resto do corpo cuberto por unhas ás de cor vermella con sete puntos negros.
Posúe dúas antenas e seis patas de cor negro.
Trátase dunha habitual dos campos galegos e podémola ver por todo o territorio.
Aliméntase doutros insectos, como pulgóns e cochinillas.
Reprodúcense, polo xeral, dúas veces ó ano en postas de 400 ovos.
As larvas son pequenas de 1 mm e de cor azulada e grisácea.
Actualmente, as xoaniñas úsanse como controis de pragas na agricultura ecolóxica e debido ó seu éxito tamén na agricultura tradicional.
Poden soltar un líquido amarelo polas patas que pode repeler os seus depredadores.
Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.