Son da Vella usa cookies.

Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:

 IDIOMA:
 Padriños
Benvido a Son da Vella. Esta páxina está orientada a ensinar o medio natural e humano de Galicia.
Son da Vella

Corzo

Nome científico: Capreolus capreolus

Tipo: Mamíferos


HÁBITATS:

Bosques Montes


CORES: Marrón, branco, negro.


NOME ESPAÑOL: Corzo


CLASIFICACIÓN:

Animalia - - Mammalia - - Cervidae - Capreolus

"Desfile" diante da cámara.

Corzo nos montes de Xeve.

DESCRICIÓN:

Animal vertebrado, mamífero da familia dos Cérvidos (Cervidae), común en Galicia.

Peso: 20-30 kg.
Lonxitude cabeza-corpo: 70 - 110 cm.
Lonxitude rabo: 10-15 cm.
Altura ata a cruz dos ombros: 75 cm.
Promedio de vida: 2-5 anos.

A súa pelaxe é de cor marrón nos adultos, pero pode variar lixeiramente ó longo do ano. As crías presentan puntos brancos no lombo que irán desaparecendo a medida que maduren.

Os machos posúen cornas que lle van crecendo dende principios de ano e coas que loitarán con outros machos na época de celo. Estas cornas hanlle de caer no inverno para ser substituídos por outros.

 

HÁBITAT:

Gosta dos bosques e dos montes, aínda que tamén se lle pode ver por pastos e espacios abertos, sobre todo na época de celo. 

DISTRIBUCIÓN:

Case todo o territorio de Galicia.

ALIMENTACIÓN:

É un ramoneador, prefire as follas dos arbustos aos pastos. A súa grande adaptabilidade pode levalo cerca de poboacións e alimentarse en granxas ou vertedoiros.

REPRODUCIÓN:

O macho vólvese agresivo cando chega o período de celo (Abril-Agosto) e son comúns os enfrontamentos polas femias. Nesta fase a agresividade é tal que poden chegar a morrer nas loitas.

Outra característica moi distintiva é a berrea, actitude propia do macho.

En canto ás femias, destaca a implantación diferida dos óvulos, que consiste na posibilidade de fertilizar o óvulo meses despois do coito.

RISCOS:

Nalgunhas partes de Galicia a caza indiscriminada está a mermar a súa poboación.

USOS HABITUAIS:

A súa carne ten boa consideración e é un prato habitual de caza.

OUTROS DETALLES:

A diferencia dos cornos, as cornas son anuais e o material do que están feitas é menos duro e resistente que o dos cornos.

REFERENCIADA NOS SEGUINTES LUGARES:
NON HAI NINGUNHA OBSERVACIÓN
XEOPOSICIONAMENTO DA GALERÍA:
Síguenos nas redes sociais

Artigos destacados
Praia fluvial Calvelo


Fotos destacadas
Cárabo violáceo



Consellos para identificar

Curiosidades
¿Que pranta é indespensable na Festa de Folión de fachos?

Son da Vella recomenda:
  • Libros
  • Música
  • Documentais
  • Webs
  • Outros

  • Paraxe natural destacada
    Fervenza do río Verdugo

    Compartir en Facebook
    CONTACTO:
    Dispoñible por Whatsapp

    Motivos do contacto:
    Demostre a súa humanidade Son humano
    Suscríbete á nosa NEWSLETTER.
    Recibirás un email tódolos venres coas novas da semana.
    Necesitamos o teu email

    VISITA AS NOSAS REDES SOCIAIS:

    Síguenos e participa en promocións e rutas, recibe as nosas novas e un montón de cousas máis.

     

    Son da Vella® Tódolos dereitos reservados.

    Condicións de uso (Aviso Legal)