Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Nome científico: Bombus terrestris
Tipo: Insectos
HÁBITATS:
Montes Pastos Brañas Infértiles Dunas
CORES: Laranxa, amarelo, negro
OUTROS NOMES: Abelló
NOME ESPAÑOL: Abejorro
CLASIFICACIÓN:
Animalia - - Insecta - - Apidae - Bombus
Trátase dun dos insectos máis comúns en todo o planeta. É moi parecido á abella pero cun tamaño máis grande. Ó igual que esta, ten seis patas e un par de ás indispensables nos seus desprazamentos.
O seu corpo está cuberto de pelos laranxas e amarelos, ainda que a súa cor pode variar polo polen que transporta cara a colmea.
É moi común en Galicia, sobre todo en pastos e lugares floridos.
Aliméntase do néctar e do polen das flores, e gárdano en pequenas ánforas na colonia.
Son usados como forma de polinización nos invernadoiros, sobre todo para os tomates.
Nalgún lugares de Galicia o abesouro está relacionado co "máis alá". A alma dun finado podía vir en forma de abellón a visitar a casa e os parentes.