Son da Vella usa cookies.
Para o correcto funcionamento da páxina, Son da Vella utiliza cookies. Pode ver as condicións de uso da páxina facendo click aquí: CONDICIÓNS DE USO (Aviso legal)
Se continúa navegando enténdese que as acepta. Pode facer desaparecer esta mensaxe confirmando no seguinte botón:
Tipo:
Aves
HÁBITATS:
Brañas Acuático doce
CORES: Marrón, vermello, branco, negro, verde, azul.
NÚMERO DE PATAS: 2
NOMES NOUTROS IDIOMAS: Inglés: Wood duck. Euskera: Ahate karolinarra. Catalán: Ànec carolí.
É unha especie de ave anseriforme da familia Anatidae, unha das dúas especies do xénero Aix. Mide aproximadamente tres cuartas partes do tamaño dun pato común, cerca de 50 cm, cunha envergadura de 75 cm. Esta anátida presenta un marcado dimorfismo sexual: o macho posúe cores brillantes na cabeza, o que fai que a especie sexa a miúdo utilizada en cautividade, mentres que o plumaxe da femia é moito máis apagado.
Habita principalmente nas costas leste e oeste dos Estados Unidos, onde frecuenta lagos e pantanos. Tamén se encontran poboacións desta ave en Cuba e Porto Rico. A especie foi introducida en varios países de Europa, pero non se aclimatou como o pato mandarín.
Esta especie require árbores para nidificar, pois pon os ovos nunha cavidade da árbore ou nun niño artificial. A súa forma de anidamento permitiu ao pato huyuyo medrar nas súas poboacións nos Estados Unidos despois dunha caza abusiva a principios do século XX.
As variedades louras e brancas están consideradas como domésticas.